Torre do Mariscal Pardo de Cela (Alfóz)

O seguinte concello no que imos facer incapé é o concello de Alfóz no que se atopa o noso seguinte recurso turístico, o Castelo de Castro de Ouro. O castelo é o verdadeiro emblema do Concello de Alfoz.

Este castelo foi edificado sobre un antiguo e importante castro romano que pertenenceu a mitra mindonense na Edade Media e posteriormente paso a ser propiedade do Mariscal Pardo de Cela como agasaio coa sua boda con Isabel de Castro.

En decembro do ano 1483 Pedro Pardo de Cela foi decapitado polo mandato dos Reis Católicos e este castelo volve a formar parde da mitra mindonense rexida polo obispo Diego de Soto.

A finais do século XIX foi usucapido polo Concello de Alfoz de Castro de Ouro quen decidiu arranxalo a comezos do século pasado, destinándoo ata o ano 1990 a Casa Consistorial e se do Xulgado Municipal.
En 1949 obtivo a protección legal e no 1994 foi inscrito no rexistro de Bens de Interese Cultural e adquiriu a maior das proteccións legais posibles para un monumento.

Na actualidade o Castelo acolle varias dependencias municipais que contribúen á súa posta en valor: punto de información turística, sala de exposición e sala museo.

Fervenza do Escouridal (Alfóz)

Entre o concello de Alfóz e O Valadouro na Serra do Xistral podemos encontrar a Fervenza do Escouridal.

Para chegar a fervenza non temos un camiño directo en coche polo que temos que deixar o coche e camiñar un par de metros por asfalto ata chegar a un panel que nos informará sobre o camiño a Fervenza do Escouridal.

O camiño é corto e sencillo, está ben señalizado e a baixada a fervenza conta con escaleiras de madeira e cordas que facilitan o descenso. Esta fervenza está considerada a máis alta de Galicia e ten más de 80 metros de caídas entre saltos de auga.