Continuando no mesmo concello de Cervo encontramos no núcleo o Museo do Mar.
O Museo do Mar nace no ano 1969, pola gran pasión de D. Francisco M. Rivera Casás por recoller e coleccionar obxectos relacionados co mar. Desde os comezos deste museo o seu principal obxectivo é reflectir na vida mariñeira da costa lucense e ensinar a gran riqueza biolóxica e etnográfica.
O museo foi remodelado e ampliado pola Diputación Provincial de Lugo sendo inaugurado o 12 de agosto de 1994.
San Ciprián é terra de mar e o Museo do Mar garda o reflexo da memoria do pobo. Este museo do mar é o máis antigo de Galicia e o máis accesible.





