Praia das Catedrais (Ribadeo)

No municipio de Ribadeo encontramos o recurso máis destacado da Mariña Lucense e dos máis destacados de Galicia. A Praia das Catedrais está considerada como unha das máis bonitas do mundo e recibe o nome turístico de a Praia das Catedrais pola apariencia dos seus acantilados pero o seu nome orixinal é a Praia de Augas Santas debido á unha antiga presenza dun manantial de augas medicinais que poseía propiedades milagrosas, según as crenzas populares. Esta praia encontrase a uns 10 kilómetros da localidade de Ribadeo e está declarada como monumento natural pola consellería do medio ambiente da Xunta de Galicia.

O característico da praia son os arcos e as covas, que só se aprecian a pé de praia durante a baixamar xa que a praia é moi pequena e durante a preamar a auga invade toda a area da praia polo que é recomendable consultar a tabla de mareas da praia antes de acudir a esta para non correr o resgo de quedarnos sen visitala por culpa da marea. Os arcos desta praia son de máis de trinta metros de altura e recordan aos arbotantes dunha catedral, de ahí o seu nome. Esta praia presenta este relieve debido ao efecto da erosión do vento e do mar co paso do tempo.

Ademais, podemos atopar neste lugar distintas especies de flora, como o toxo, as algas vemellas, o breixo; de fauna como diferentes especies de aves e tamen podemos atopar percebes e mexillóns.

Illa Pancha (Ribadeo)

No mesmo municipio de Ribadeo podemos atopar a Illa Pancha. A Illa Pancha atopase na costa do municipio de Ribadeo e encontrase unida a terra por unha ponte de metal.

Nesta illa atopamos dous faros diferentes, un máis antigo construido no ano 1857 e o faro actual que foi construido no ano 1980 e que na actualidade se encontra automatizado. Ambos estes dous faros foron rehabilitados e dependen da Autoridade Portuaria de Ferrol.

O acceso a illa na actualidade está restrinxido para o faroleiro e para as persoas que acudan ao hotel Faro de Illa Pancha. Isto fai anos non era así pois o acceso a illa pola ponte de metal era libre para todos os turistas que o desexaran. A pesar disto, a Illa Pancha é unha gran elección e un gran recurso turístico que visitar na Mariña xa que se encontra nun alto que nos permite observar toda a illa sin necesidade de ter que cruzar a ponte.

Tamén decir que pola Illa Pancha pasa unha das rutas máis destacadas de Galicia, a ruta dos faros.