No mesmo municipio de Ribadeo podemos atopar a Illa Pancha. A Illa Pancha atopase na costa do municipio de Ribadeo e encontrase unida a terra por unha ponte de metal.
Nesta illa atopamos dous faros diferentes, un máis antigo construido no ano 1857 e o faro actual que foi construido no ano 1980 e que na actualidade se encontra automatizado. Ambos estes dous faros foron rehabilitados e dependen da Autoridade Portuaria de Ferrol.
O acceso a illa na actualidade está restrinxido para o faroleiro e para as persoas que acudan ao hotel Faro de Illa Pancha. Isto fai anos non era así pois o acceso a illa pola ponte de metal era libre para todos os turistas que o desexaran. A pesar disto, a Illa Pancha é unha gran elección e un gran recurso turístico que visitar na Mariña xa que se encontra nun alto que nos permite observar toda a illa sin necesidade de ter que cruzar a ponte.
Tamén decir que pola Illa Pancha pasa unha das rutas máis destacadas de Galicia, a ruta dos faros.


